Blogue promovido

Blogue Promovido pola Asociación de Nais e Pais do Colexio Escolapios de Monforte de Lemos

miércoles 4 de enero de 2012

Concedida subvención de Presidencia a través da Secretaria Xeral de Igualdade

Axencia de Lectura Municipal aberta de 17:30 h a 19:30 h
- Club de Lectura
- Teatro


A Presidencia da Xunta a través da Secretaría Xeral axuda a financiar unha persoa na biblioteca escolar. Esta persoa está contratada para realizar as tarefas dun Club de Lectura e taller de teatro todos os días dúas horas pola tarde. Esperamos que esta iniciativa sexa aproveitada por todos/as os nenos/as membros da ANPA do noso Colexio.

domingo 2 de octubre de 2011

BENVIDA DA PRESIDENTA DA ANPA














Estimadas familias:



É un pracer aproveitar esta ocasión para darvos a benvida a un novo curso do noso Colexio e presentarvos a asociación de nais e pais.

Como presidenta da ANPA dos Escolapios de Monforte, e no nome da Xunta Directiva, dicirvos que a peza clave do funcionamento desta asociación somos "todos os pais e nais". Xa que logo, neste novo curso que comezamos, queremos contar con todos e todas no desenvolvemento do noso traballo. É importante dispor da colaboración e participación de toda a comunidade escolar (mestres, dirección e pais escolapios), facer real esta participación será unha das nosas prioridades.

Un dos obxectivos é conseguir unha ANPA participativa e comprometida. O noso acordo é de traballar con toda determinación para conseguilo.

Nada máis me queda que convidarvos a primeira reunión do curso 2011/12 que terá lugar o día 13 de outubro, animarvos a participar, a que nos fagades chegar as vosas suxestións e recibide un cordial saúdo.

Atentamente,
Mª Victoria Pereiro Rodríguez

viernes 9 de septiembre de 2011

viernes 20 de mayo de 2011

domingo 20 de marzo de 2011

Actuacións da Asociación de nais e pais  curso 2010/11

* Magosto no colexio. Baile da Castaña (Gaiteiras)
* Conta-contos para educación infantil e primaria
* Colaboración na operación bocata (Café solidario)
* Festas do colexio /Despedida de 4º ESO

*Xestións e subvencións:
1. Memoria e xustificación da subvención solicitada é concedida (500 €) da Excma. Deputación Provincial de Lugo no exercicio 2009/10.
2. Solicitouse subvención de Conciliación da vida laboral e familiar (Xunta) non foi concedida por non atoparse a Anpa no rexistro de Benestar. Tendo pendente a inscrición para este ano.
3. Solicitude de subvención á Excma. Deputación Provincial para o exercicio vixente 2010/11.
4. Solicitude de orzamento para a adecuación da sala de pintura do colexio.
5. Inscrición no concello de Monforte de Lemos.
6. Xestións para a festa de fin de curso 2010/11. Presupostos, proxectos, etc.
7. Pago cota anual da Federación de nais e pais.
8. Inscrición na Consellería de Educación
9. Solicitude de subvención para conciliación da vida laboral e familiar (gardería e biblioteca) á Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Xunta de Galicia)
10. Reformas na Biblioteca escolar
A asociación encóntrase neste momento rexistrada no rexistro de asociacións da Delegación de Xustiza de Lugo, trámite indispensable para o seu funcionamento e que se obtivo este ano.